loader image

Concerto SU GARRIDO

Fecha del evento:

11 de mayo de 2025

Hora del evento:

13:00

Ubicación del evento:

PAZO DE SAN PEDRO

Criouse en Traspielas, no concello de Fornelos de Montes. O seu estilo musical abrangue diversos xéneros con matices de bossa, folk, jazz ou latín.Traballa en proxectos individuais e en proxectos colectivos.

As estancias coa súa avoa Leonora en Traspielas, Fornelos de Montes, marcaron a súa música.[2]

Ten unha ampla formación académica: Conservatorio Mayeusis (Vigo, guitarra), Universidade de Santiago de Compostela, (Historia da arte) Universidade de Salamanca (Musicoloxía), Universidade de Granada,
(bolsa Seneca) Univesidade de Florencia, (bolsa Erasmus).[3]

Formou parte do grupo folk Lembranzas Galegas, do grupo Sonhos, do grupo TREME (con Margarida Mariño) e en 2018 de Son Trío coa pianista e compositora Katerina Linke e a cellista Susanna Blanco.[4][5]

En 2018 gravou o seu primeiro disco en solitario Quedo a vivir aquí e presentouno con xiras en Galicia, Portugal e Irlanda. En decembro de 2022 saíu Patios de luz.

Recoñecemento:
• 2007: 2º posto no concurso Internacional de música MAPFRE Vive paracumplirlo International Music Competition co seu tema Linda. E 4º posto polo tema Extraña María.

• 2007: 3º posto no concurso Gz crea 􀁸 2015: xunto con Margarida Mariño, 1ª Premio no concurso Múusica Xove 15 ó mellor grupo xove galego

• 2018: 1ª clasificada no Premio Narf outorgado pola área de Cultura da Deputación da Coruña. [6]

• 2018: Son Trío, proposto para os Premios Martín Códax da música galega en Música clásica e contemporánea.[7]

Obra
• Quedo a vivir aquí (2018.)[8] Temas: “Ímola alboreando, Camiñan descalzas, Pecados, As bandeiras, Strange boat, As gueivotas, El 18 de julio, Quedo a vivir aquí, The long road home, As flores silvestres”.

• Patios de luz (2022).[9] Temas: “Nun patio de luz, Rúa do pracer, O outro lado, Doce caseiro, Domingo, To let the light shine through, A arranca das patacas, O meu neno, A horta do Berbés”.

Notas
1. “Su Garrido Pombo: «Na miña aldea, cantar era parte da vida cotiá»”. La Voz de Galicia. 2023-05-03. Consultado o 2023-05-03.
2. Garrido Pombo, Su (Marzo de 2020). Aínda que me tremesen as pernas, tiña que ser capaz de cantar eu soa. A Movida. Entrevista con Tamara Novoa. Viguesa do mes. Vigo.
3. Salgado, Daniel (21 de outubro de 2018). “A canción en tránsito de Su Garrido Pombo”. Sermos Galiza. Arquivado dende o orixinal o 25 de outubro de 2018. Consultado o 25 de outubro de 2018.
4. “Cantar non é subir a un escenario para lucirse, é parte da vida. Cantas porque tes que cantar” Praza Pública. 2021-08-20. Consultado 2021-09-27.
5. “Concurso Fran Pérez “Narf” para grupos e artistas musicais (antes concurso musical e rock)”. Deputación da Coruña. Consultado o 25 de outubro de 2018.
6. “Un total de 54 finalistas optan a los V Premios Martín Códax de la Música”. Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2019-01-29.
7. “Quedo a vivir aquí, by Su Garrido Pombo”. Su Garrido Pombo. Consultado o 2023-03-04.
8. “Patios de luz, by Su Garrido Pombo”. Su Garrido Pombo. Consultado o 2023-03-04. Ensaio xeral previo de duas horas entre as 11:00 e a 13:00 horas con probas de son e ensaio no espazo.

Ensaio xeral previo de duas horas entre as 11:00 e a 13:00 horas con probas de son e ensaio no espazo

Event Location
Plazas:
30
Detalles del Calendario
  • 11 de mayo de 2025

    13:00 -14:00

Event Location

PAZO DE SAN PEDRO, PAZO DE SAN PEDRO, 7, Taboada, Lugo, 27550, Galicia

Compartir en redes
Añadir a tu calendario