loader image

Escrituras e Escrituras Fílmicas

Escrituras e Escrituras Fílmicas

Fecha del evento:

8 de septiembre de 2023

Hora del evento:

16:00

Ubicación del evento:

Sacra Experience

PROGRAMA
Venres 8 setembro
Sesión 1. Tarde. Xenealoxías e referentes.
Toda producción forma parte dun diálogo cultural ao longo do tempo, por iso é preciso tomar en consideración obras e autorías que, dende varias perspectivas, achéganse á escritura e ao cinema como punto de partida para sinalar varios camiños que nos levarán más aló das meras adaptacións cinematográficas. Entre os autores e as obras que forman
parte desta xenealoxía podemos citar, entre outros, a Marcel Duchamp, Anémic Cinéma, 1926; Jean Genet, Un canto de amor, 1950; Yukio Mishima, Un rito de amor e morte, 1966;

Pier Paolo Pasolini, Teorema, 1968; Isidoro Valcárcel Medina, La celosía, 1972; Marguerite Duras, India Song, 1975; Jean-Marie Straub y Danièlle Huillet, Toda revolución é unha tirada de dados, 1977; Michel Snow, So Is This, 1982; e Elena Asins, Antígona, 2015.

Serán 1. Elexías.

Proxección de Fábula a destiempo (1996, 12’ 32’’) e Retrato de Francisco del Río (2014, 32’) e lecturas de Feliz humo (2004) e Retrato y otro (2021) de Javier Codesal e de Muero todos los días 2013-2021 de Manuel Olveira (2021).
Sábado 9 setembro.

Sesión 2. Mañán. Cinema con palabras.
A exploración da letra como sonido e como imaxe está no centro dalgunas prácticas como o Cine Letrista que teñen continuación nalgunas obras de Javier Codesal como 50 versos exactos (2008), Jamás real (2009) e El ogro (2019) compostas por citas, fragmentos e palabras propios e alleos que o autor relee na súa propia producción.
Sesión 3. Tarde. Cinema día a día.

A cotidianeidade, a familiaridade, a intimidade, o biográfico, os afectos e a súa expresión en diarios está presente en obras como Mario y Manuel (2005) que está relacionada co libro Ha nacido Manuel (2005), pero tamén en obras como Lectura de manos (2002), El monte perdido (2003) ou na instalación La ropa por el suelo (2015), todas elas acompañadas de textos incluidos no volumen Textos de obra (2020).

Serán 2. Imaxe do corpo.
Proxección de Centauro (1988, 7’ 30’’) e Trompetas (2023, 22’) de Javier Codesal e lecturas de Todo el tiempo del mundo (2014) de Manuel Olveira.

Domingo 10 setembro.
Sesión 4. Mañán. Cinema do país.
O vernacular e o popular están moi presentes en obras de Javier Codesal como Pornada (1984) ou O milagro da carne (1994), ambas rodadas no rural e nos entornos familiares do artista. Da mesma maneira, dende fai cinco anos está rodando na casa familiar de Manuel Olveira en Xuño (A Coruña) unha peza titulada Xuño en Xullo. Traballos e días (en proceso) que se relaciona tanto coa obra Traballos e días de Hesiodo como coa novela titulada La h y la h de esta h de Manuel Olveira (en proceso).

————————–

JAVIER CODESAL
Javier Codesal (Sabiñánigo. Huesca, 1958) é artista visual, cineasta e poeta. Os seus proxectos poden incorporar vídeos, fotografías, debuxos ou textos e seguen varias liñas estreitamente relacionadas entre si. Entre as súas exposicións figuran: Trompetas (galería Elba Benítez, Madrid, 2023), Evangelio mayor (DA2, Salamanca, 2021), Evangelio en Granada (Meta) (Fundación BBVA, Madrid, 2019), Ponte el cuerpo (MUSAC, León, 2015), Los pies que faltan (MACBA, Barcelona, 2014), Dentro y fuera de nosotros (La Virreina, Barcelona, 2009), Javier Codesal (Espacio Uno, MNCARS, Madrid, 1999).
Ten publicado, en poesía e ensaio, Canción de Pedro Costa (La Virreina y Joaquín Gallego editor, 2022), Retrato y otro (Libros de la resistencia, 2021), Textos de obra (Libros de la 3 resistencia, 2020), Un eclipse no se elige (Amargord, 2018), Dos películas (Periférica, 2010), Feliz humo (Periférica, 2009), Ha nacido Manuel (Icaria, 2005), Imagen de Caín
(Icaria, 2002), e os libros de artista Cuaderno de Frederman (edición de autor, 2020) e El ogro (Caniche Editorial, 2019). Os seus últimos filmes son: Trompetas (2023), Evangelio mayor (2021), Calavera resumida (2020), Evangelio en Granada (Meta) (2019) e Testimonio de Frederman (2019). A Filmoteca de Galicia dedicoulle un ciclo á súa obra cinematográfica en xullo deste ano.

MANUEL OLVEIRA
Manuel Olveira (Porto do Son, 1964) é licenciado en Historia da Arte (USC, 1987) e Belas Artes (UB,1994). Foi director do Centro de Producción e Residencias Artísticas Hangar (Barcelona, 2001-2005), do Centro Galego de Arte Contemporánea, CGAC (Santiago de Compostela, 2005-2009), do Ágora, Centro Cultural para o progreso social (A Coruña, 2010-2011) e do Museo de Arte Contemporáneo de Castilla y León, MUSAC (2013-2021).

Ademáis de textos sobre arte e artistas como Julia Montilla (CGAC, 2007), Francesc Ruiz (CGAC, 2007), Babi Badalov (Nocapaper, 2017), Luis Camnitzer (MUSAC, 2019), Wolf Vostell (Puente editores, 2019) ou Hessie (Nocapaper, 2020), ten publicado o proyecto editorial Complot (Ayuntamiento de Terrassa e Hangar, 2004), os libros de entrevistas titulados Entre-vista (CGAC, 2008), Conferencia performativa (This Side Up, 2014) e Cómo vivir con la memoria (Puente editores, 2018) e, en colaboración con José Iges, El giro notacional (CENDEAC, 2019). Brumaria editou en 2022 o seu ensaio Habla del cuerpo
social. No campo da literatura ten publicado a novela Todo el tiempo del mundo (Libros de Rocamadour, 2014) e o poemario Muero todos los días 2013-2021 (Eolas ediciones, 2021).

Sorry, this event is expired and no longer available.

Ubicación del evento:

Plazas: 15 (15 Disiponibles:)
  • Sacra Experience
  • Pincelo
  • Chantada
  • Lugo
  • 27515
  • Galicia

Detalles del Calendario

  • 8 de septiembre de 2023 16:00   -   10 de septiembre de 2023 14:00
Compartir en redes
Añadir a tu calendario