Cohabitar la Creación
Convocatoria de Coliving Artístico
• 10 RESIDENCIAS ARTÍSTICAS.
• ALOXAMENTO, AULA DE TRABALLO, DIETAS E TRANSPORTE.
• O PROCESO DE CREACIÓN DOCUMENTARÁSE A TRAVÉS DUNHA RELATORÍA.
• UNHA SEMANA, DE XANEIRO A XULLO OU DE SETEMBRO A DECEMBRO
Residentes 2025
Os artistas enviarán o seu proxecto e unha biografía ao noso formulario e seleccionaranse 10 artistas ou compañías.
Poderán ser un mínimo dun creador/a e un máximo de 4 que se aloxarán nun dos nosos espazos con vistas ao río Miño, podendo traballar no espazo interior que mide uns 40 metros cadrados e na terraza exterior de 60 metros. Non caso de teatro e danza colaboramos ata que se inaugure nosa nova aula no mes de xullo co espazo Os Casares, un espazo de 120 metros cadrados a media hora de Pincelo.
Os artistas que precisen dun espazo destas dimensións, sobre todo da danza e do teatro, deben contar con transporte
adecuado para viaxar. As salas dispoñen de equipo de música, dous micros, proxector e pantalla e conexión a internet, nun espazo no medio das viñas e o canón del Río Miño.
Haberá un intercambio co noso proxecto que será unha mostra de traballo a modo de despedida ou un debate sobre o seu
proceso artístico para a Comunidade.
Estas accións realizaranse no Auditorio de Chantada, Casa da Cultura ou tamén na Alameda de Chantada, aberto a toda a xente da vila para, así, compartir coñecemento e crear diálogos entre sabelo do artista e o territorio.


No caso das residencias de creación para a comunidade previas ao festival, exhibiranse no Sacraexpandido.
Os artistas enviarán o seu proxecto e biografía ao noso formulario e seleccionaranse cinco artistas ou
empresas. Poderán ser un mínimo dun creador e un máximo de 4 que se aloxarán nun dos nosos espazos con vistas ao Río Miño. Podendo traballar no espazo interior que mide uns 40 metros cadrados e na terraza exterior de 60 metros. No caso de teatro e danza colaboramos ata que se inaugure nosa nova aula no mes de xullo co espazo Os Casares, un espazo de 120 metros cadrados a media hora de Pincelo.