loader image

O proxecto

A cultura como motor para favorecer o progreso social a través da posta en valor dun espazo único e marco inigualable como a Ribeira Sacra, os seus viños, produtos, espazos, territorio e xente. A arte como factor vital na construción e fortalecemento, tanto dos lazos sociais e da comunidade, como da identidade individual e persoal.

Sacra Experience, unha interconexión entre lugares, artistas e espazos a través da colaboración no acto de creación inmersa na realidade social da Ribeira Sacra. Unha programación anual con actividades formativas de fin de semana, para nenos e adultos. Un festival multidisciplinar e o viño como eixo condutor dunha proposta cultural única.

É un artigo de primeira necesidade para toda a cidadanía e unha ferramenta para que toda persoa atope formas de representación e de visibilización da súa realidade.

Que é Sacra Experience

Concibida como unha iniciativa transformadora, Sacra Experience é un exercicio de responsabilidade e sustentabilidade para poñer nas mans de todos unha selección de artistas que buscan canles de comunicación co espazo natural, neste caso un lugar onde a vitivinicultura é unha parte esencial da paisaxe e da comunidade.

Plataformas, iniciativas coas que comunicar(se), representacións visuais, literarias e escénicas coas que poder entender a realidade e a percepción dos creadores/as e a súa relación coa natureza.

Catas, concertos, formación, espectáculos artísticos, encontros, visitas e espazos da Ribeira Sacra. Sacra Experience, unha nova forma de relacionarse coa contorna coa cultura como nexo.

 

Sacra Experience articúlase nun programa composto por varios elementos:

  • Sacra Forma: talleres formativos artísticos con destacados nomes do panorama cultural
  • Sacra Festival: un festival multidisciplinar en espazos únicos non convencionais da Ribeira Sacra, unindo viño e degustacións coa arte e a cultura
  • Los espacios del Sacra Experience: unha forma diferente de vivir a Ribeira Sacra, coñecer a súa xente e a contorna partindo de Lugar de Pincelo, en espazos que dan acollida a 12 persoas e que colaboran con outros aloxamentos de aldeas lindeiras.
  • La Terraza de Pincelo: O proxecto dispón dun espazo a pé de río onde poderás degustar produtos locais e diferentes viños da zona, ademais de dispoñer dun espazo de venda para clientes.