
Sacra Forma
A proposta
O proxecto Sacra Forma quere poñer en marcha unha experiencia de formación artística multidisciplinar enmarcada na proposta integral Sacra Experience e complementando o Sacra Festival. Un programa formativo conformado por diferentes módulos que levará a cabo entre os meses de febreiro e outubro, contando con artistas e profesionais de diferentes disciplinas, coñecementos e enfoques.
Un programa que se celebrará no medio dun entorno natural privilexiado, con aulas abertas e formación especializada para un máximo de 30 persoas (15 con aloxamento).
Os espazos
Os talleres van impartir en diferentes espazos naturais da Ribeira Sacra do Miño, en colaboración con iniciativas locais e culturais de proximidade, como o Cinema Palleiriso, A Sala de Chantada ou o espazo do antigo forno do Lugar de Pincelo, así como outros enclaves ao aire libre da zona, durante os meses de verán.
Un encontro para a creación
Sacra Forma propón establecer un encontro entre creadores e persoas interesadas para o intercambio de experiencias e favorecendo a introspección e a investigación. Un espazo coidado, sostible e integrado na contorna para facer posible a creación, en colaboración con artistas nacionais e internacionais do máximo nivel.

